Programa de lectorados e institucións académicas

A rede de Centro de Estudos Galegos
A Secretaría Xeral de Política Lingüística mantén convenios de colaboración con diferentes universidades de fóra de Galicia, co ánimo de crear lectorados e cátedras de galego que potencien e difundan a lingua e o coñecemento da cultura galega no eido internacional. Na actualidade existen 47 centros de estudos galegos en diferentes universidades de Europa, América e Oceanía. A maior parte deses centros contan con lectores/as –licenciados/as en Filoloxía Galega ou/e en Tradución e Interpretación– que imparten materias de lingua e cultura galegas. Catro deles atópanse en universidades de Alemaña: Kiel, Berlín, Leipzig e Heidelberg.​Logoceg160

E que mellor forma de ilustrar isto que escoitar as experiencias do alumnado de galego en primeira persoa? Grazas ao documental colaborativo Eufalo.tv podemos acceder a moitas desas impresións.

Institucións e o Galego
Existen diferentes institucións que impulsan o papel da lingua galega e fomentan a súa difusión en diferentes eidos da sociedade (medios de comunicación, entidades públicas e privadas, economía...). Tanto a Constitución Española de 1978 que declara no seu artigo 3 que o galego é  unha lingua cooficial en Galicia, como o Estatuto de Autonomía, que a cualifica de lingua propia de Galicia, son o marco legal que garante a protección activa da lingua galega.


A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia
Galicia posúe un Este status de  emana do marco legal do Estatuto de Autonomía de Galicia dende o 1981, procedente do contexto 1 e da Constitución Española de 1978. Entre as principais institucións de autogoberno está o Parlamento de Galicia e a Xunta de Galicia, o órgano executivo de goberno.

A Secretaría Xeral de Política Lingüística é o órgano da Administración pública encargado da política e planificación lingüística do galego. Os seus obxectivos son os de promoción e ensino da lingua galega e a planificación, coordinación e execución da política lingüística da Xunta de Galicia.


A Real Academia Galega
A Real Academia Galega é a institución encargada da regularización e codificación da lingua galega. Foi fundada na Habana (Cuba) o 30 de setembro de 1906 e entre as súas finalidades, hai que subliñar as seguintes:

  • Elaborar a norma gramatical, ortográfica e ortofónica da lingua galega.
  • Elaborar un dicionario e manter actualizado o repertorio léxico do galego.
  • Estudar e propor a restauración da onomástica galega.
  • Promover o idioma galego.
  • Asesorar os poderes públicos e institucións sobre temas relacionados co uso correcto da lingua e a súa promoción.
  • Estudar e dar a coñecer o patrimonio literario e documental da institución.
  • Decidir a personalidade literaria á que cada ano se lle dedica o Día das Letras Galegas.

O Instituto da Lingua Galega
O Instituto da Lingua Galega é un centro de investigación fundado en 1971 que pertence á Universidade de Santiago de Compostela. En colaboración coa Real Academia Galega, contribuíu no proceso de codificación do galego moderno. Dende os seus comezos vén despregando unha intensa actividade investigadora en diferentes eidos da lingüística e da filoloxía galega, en xeral, así como no desenvolvemento de ferramentas tecnolóxicas para difundir os seus achados na sociedade.

Na actualidade están a desenvolver proxectos e bases de datos de acceso libre nos seguintes campos de investigación: lexicografía, dialectoloxía e xeografía lingüística, historia da lingua, fonética e fonoloxía, edición de textos e gramática.


O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades
Este organismo investigador, que depende da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, foi fundado en 1993. Desenvolve, promove e difunde proxectos e programas de estudos lingüísticos, literarios, históricos e antropolóxicos.

Na actualidade está a desenvolver os seguintes proxectos: Arquivo Galicia Medieval, lingüística,  e literatura, fraseoloxía galega e un proxecto para a avaliación e aprendizaxe do galego.

Letzte Änderung: 14.06.2017
zum Seitenanfang/up