Centro de Estudos Galegos
O Centro de Estudos Galegos
O programa de lectorados
As institucións do galego
O Centro de Estudos Galegos
O CEG ten como obxectivo a difusión da lingua e cultura galegas no ámbnito de influencia da Universidade de Heidelberg.
Creación, obxectivos e ámbitos de traballo
Diferentes universidades en Europa, América, Asia e Oceanía serven como plataforma para a lingua e culturas galegas alén das súas fronteiras, proxectándoas internacionalmente a través da docencia, da investigación e das distintas formas de promoción. El Centro de Estudos Galegos de la Universidad de Heidelberg surgió de un acuerdo de cooperación con la Xunta de Galicia y desempeña un programa amplio en los ámbitos de investigación, cultura y traducción.
Cooperación
O Centro de Estudos Galegos adscríbese hoxe ao Iberoamerika-Zentrum, nacido do acordo entre o Santander Universidades e a Universidade de Heidelberg para construir unha plataforma para o diálogo plural das distintas linguas e culturas da Península Ibérica e de América Latina. Neste marco, o CEG deu inicio a un programa de actividades permanente que inclúe no apartado da promoción da lingua e a cultura galegas presentacións de libros, congresos, excursións temáticas, ciclos de cinema ou encontros arredor do Camiño de Santiago.
Biblioteca e mediateca
O Centro de Estudos Galegos conta cunha ampla biblioteca e mediateca de obras e autores galegos á disposición dos alumnos, docentes e membros da comunidade universitaria. Nela pódense encontrar obras de carácter didáctico para acercarse á lingua, obras de autores galegos de tódalas épocas, así como xornais, enciclopedias, películas e documentais ou obras musicais.
O Centro de Estudos Galegos invita a a tódolos interesados ao noso fondo.
O programa de lectorados
A posibilidade de estudar a lingua e a cultura de Galicia en Universidades de América, Asia, Europa e mesmo de Oceanía é unha realidade consolidada que leva contribuído de maneira fundamental á difusión exterior do galego, á investigación lingüística desde perspectivas moi diversas, e tamén ao prestixio da lingua entre os seus propios falantes, ao observar o interese e recoñecemento que posúe fóra.
|
Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística para a difusión da lingua propia de Galicia fóra do seu ámbito territorial. |
A rede de centros de estudios galegos
Hoxe o galego é obxecto de estudo en máis de corenta universidades. A maior parte delas contan con lectores –licenciados en Filoloxía Galega oue Licenciados en Traducción e Interpretación-, asentados en departamentos coñecidos como Centro de Estudos Galegos, que imparten materias de lingua galega adaptadas ás necesidades do alumnado de cada universidade. Cinco deles encóntranse en universidades de Alemaña: Tubinga, Kiel, Berlín, Leipzig... e Heidelberg.
As institucións do galego
Existen diferentes institucións que impulsan o papel da lingua galega como lingua oficial de Galicia e fomentan a súa difusión en medios de comunicación, institucións, ou entidades públicas e privadas. A Constitución española de 1978 declara no seu artigo 3 que o galego será lingua oficial na Comunidade Autónoma de Galicia, contendo un mandato de respecto e protección activa da lingua galega. O Estatuto de Autonomía asegura a súa reinstauración en co-oficialidade co español.
A Xunta de Galicia
No marco da Constitución española de 1978, o Estatuto de Galicia de 1981 recoñece a esta comunidade autónoma a súa condición de nacionalidade histórica dentro de España. O seu órgano executivo de goberno é a Xunta de Galicia.
A Secretaría Xeral de Política Lingüística
É o órgano encargado dentro do goberno autonómico que se encarga da regulación do ensino e difusión da lingua galega coordinando, xestionano e planificando a políticia lingüísitica. A Secretaría Xeral de Política Lingüística ten como obxectivos impulsar o desenvolvemento e a aplicación da lexislación derivada do artigo 5 do Estatuto de autonomía de Galicia, que pretende a normalización da lingua galega, alén de coordinar as accións e medidas dos diversos departamentos da Xunta de Galicia en materia de política lingüística.
A Real Academia Galega
É o órgano encargado da regularización e codificación da lingua galega. Hai máis dun século, cando os intelectuais galegos nacidos no Romanticismo e no Rexurdimento galego crean unha plataforma para apoiar a lingua galega desenvolvendo unha gramática e un dicionario. O 30 de setembro de 1906 constitúese a Academia galega con 40 membros e será presidida por Manuel Murguía. Desde este momento desenvolve un intenso labor de man de 4 presidentes sucesivos ata que estala a Guerra Civil e coa vitoria do bando franquista pasa a vivir na semiclandestinidade. A súa situación mellora nos últimos anos do franquismo para restaurarse por completo coa chegada da democracia e o Estatuto de autonomía. Hoxe este órgano vela pola saúde da lingua galega e apoia ás outras institucións no desenvolvemento da lingua, seus recursos e a súas infraestruturas.
O Instituto da Lingua Galega
O Instituto da Lingua Galega é un centro de investigación lingüística da Universidade de Santiago de Compostela. O labor investigador que desenvolve distribúese en varias seccións: Lexicografía, Xeografía lingüística, Didáctica da lingua, Linguaxe administrativa, Léxico medieval, Onomástica, Fonética, Sociolingüística e Historia da lingua, e Dialectoloxía.
O Centro Ramón Piñeiro
O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (antes Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro) está encargado de promover, desenvolver e dar difusión a proxectos e programas galegos de estudos lingüísticos, literarios, históricos e antropolóxicos.

