Logoceg160

 
Contacto

Fotovanesa Iud

Vanesa Rodríguez
Mitarbeiterin des Galicien-Zentrums
Universität Heidelberg
Plöck 57a
Raum RI 318
D-69117 Heidelberg
Tel.: +49-6221-54-7409
vanesa.rodriguez@iued.uni-heidelberg.de

 
Actual

Estadia de investigación na Universidade de Harvard
Vanesa Rodríguez encóntrase dende febreiro a abril na Universidade de Harvard grazas a unha bolsa do DAAD. O proxecto que levará a cabo nestes tres meses forma parte da súa tese doutoral, na que analiza, dende unha perspectiva pragmática e sociolingüística, os espazos e dinámicas lingüísticas derivados do contacto entre o galego e o castelán na interacción médico-paciente.

 
Oferta (SS 2019)
Arquivo

Estudar en Galicia

Galicia é unha Comunidade Autónoma de España e unha das chamadas nacionalidades históricas, ao igual que Euskadi e Cataluña. Está situada no noroeste da Península Ibérica. Este territorio ten unha lingua de seu: o galego, unha das catro linguas cooficiais de España e falada por case 3 millóns de persoas.

A Universidade de Heidelberg ten acordos con dúas das tres universidades galegas (Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo), polo que os seus estudantes poden realizar unha estadía en Galicia un semestre ou un curso académico a través do programa Socrates/ERASMUS. Para máis información sobre estas dúas universidades, pódese consultar as súas páxinas web:

Curso de verán de galego en Galicia

As universidades de Santiago de Compostela e da Coruña ofrecen escolas de verán en Galicia, ás que poden asistir tanto os estudantes da rede de lectorados coma calquera outra persoa interesada. O principal obxectivo destes cursos, que teñen lugar normalmente durante o mes de xullo, é dar ao estudantado a oportunidade de adquirir familiaridade coa lingua e coa cultura propias. O programa tamén inclúe excursións en Galicia.

Todas as escolas de verán de galego ofrecen bolsas de ata 500 euros. Para saber como solicitalas, contacta co  Centro de Estudos Galegos.
 

 

· · ·

1 Docencia E Investigacion2.0 4

 

· · ·

Letzte Änderung: 07.05.2019
zum Seitenanfang/up