[an error occurred while processing this directive]

Logoceg160

 
Contacto

Vanesa Rodríguez
Mitarbeiterin des Galicien-Zentrums
Universität Heidelberg
Iberoamerika-Zentrum
am Institut für Übersetzen
und Dolmetschen
Plöck 57a
Raum RI 318
(Hauptstr. 52, Zugang über Plöck 57a)
D-69117 Heidelberg
E-Mail: vanesa.rodriguez@iued.uni-heidelberg.de

 
Highlight
Arquivo

Recursos e mediateca

O Centro de Estudos Galegos conta cunha colección de recursos audiovisuais e bibliográficos que se pon ao dispor de todo o alumnado e persoal investigador na Universität Heidelberg. A creación e o estado actual da nosa mediateca foi posible grazas ás xenerosas achegas de distintas persoas e institucións: Consello da Cultura Galega, Asociación de Escritores en Lingua Galega, Editorial Galaxia, Fran Alonso, Editorial Xerais, Turgalicia, a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

A mediateca do CEG atópase no despacho 113 do Romanisches Seminar (Seminarstr. 3, 69117 Heidelberg). Os nosos fondos actualízanse con regularidade e admitimos peticións por parte do alumnado e investigadores de novas incorporacións relacionadas cos estudos galegos.

Ximnasio dos verbos

Ximnasio Dos Verbos

O ‘Ximnasio dos verbos’ é unha aplicación de móbil desenvolvida no Centro de Estudos Galegos da Universidade de Heidelberg. O obxectivo da app é adestrar os verbos con alternancia vocálica e os verbos irregulares en galego. O ‘Ximnasio dos verbos’ pódese empregar sen necesidade dunha conexión a Internet, agás para consultar a definición dos verbos.

 

Para calquera consulta ou dúbida, contacte co CEG.

Máis información no Facebook do Centro.

Letzte Änderung: 20.07.2017
zum Seitenanfang/up