[an error occurred while processing this directive]

Logoceg160

 
Contacto

Fotovanesa Iud

Vanesa Rodríguez
Mitarbeiterin des Galicien-Zentrums
Universität Heidelberg
Plöck 57a
Raum RI 318
D-69117 Heidelberg
Tel.: +49-6221-54-7409
vanesa.rodriguez@iued.uni-heidelberg.de

 
Actual

Estadia de investigación na Universidade de Harvard
Vanesa Rodríguez encóntrase dende febreiro a abril na Universidade de Harvard grazas a unha bolsa do DAAD. O proxecto que levará a cabo nestes tres meses forma parte da súa tese doutoral, na que analiza, dende unha perspectiva pragmática e sociolingüística, os espazos e dinámicas lingüísticas derivados do contacto entre o galego e o castelán na interacción médico-paciente.

 
Oferta (SS 2019)
Arquivo

Docencia e investigación

Estudar galego en Heidelberg
Biblioteca e mediateca
App "Ximnasio dos verbos"
Investigación en lingua e cultura galegas
Oferta Actual

Achegarse ao coñecemento da lingua e cultura galegas permitirá ao alumnado desenvolver un mellor entendemento da historia, política, economía e sociedade da Península Ibérica. A lingua e cultura galegas constitúen historicamente unha ponte entre o Hispanismo e a Lusofonía, e por iso o galego permite introducir unha visión máis rica da realidade das linguas e culturas iberorrománicas.


Estudar galego en Heidelberg

O Centro de Estudos Galegos da Universität Heidelberg ofrece dúas materias de lingua (un curso de nivel inicial e outro de nivel intermedio de 3 ECTS) e un proseminario de cultura galegas (6 ECTS), tanto para o alumnado do Romanisches Seminar e do Institut für Übersetzen und Dolmetschen. Dentro dos diferentes planos de estudos do Romanisches Seminar (GymPo I 2009 e WPO 2001), as materias de lingua e cultura galegas pódense estudar como segunda lingua románica. No BA de Tradución, os cursos de lingua e cultura galegas pódense convalidar polo Modul 18 - Übergreifende Kompetenzen. A oferta actual complementarase con palestras e outros cursos especializados, en relación aos intereses específicos de cada curso académico.

Biblioteca e mediateca

O Centro de Estudos Galegos conta cunha colección de recursos audiovisuais e bibliográficos que se pon ao dispor de todo o alumnado e persoal investigador na Universität Heidelberg. A creación e o estado actual da nosa mediateca foi posible grazas ás xenerosas achegas de distintas persoas e institucións: Consello da Cultura Galega, Asociación de Escritores en Lingua Galega, Editorial Galaxia, Fran Alonso, Editorial Xerais, Turgalicia, a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

App "Ximnasio dos verbos"

O ‘Ximnasio dos verbos’ é unha aplicación de móbil desenvolvida no Centro de Estudos Galegos da Universidade de Heidelberg polo antigo lector Gabriel Pérez e o alumno Óscar Rivas. O obxectivo da app é adestrar os verbos con alternancia vocálica e os verbos irregulares en galego.

Investigación en lingua e cultura galegas

O Centro de Estudos Galegos da Universität Heidelberg ten como outro obxectivo a investigación no eido dos estudos galegos dentro das estruturas académicas alemás. Por iso, este centro proponse a promoción da actividade investigadora no alumnado, en concreto nos traballos finais do Bachelor e o Máster. Do mesmo xeito, fomenta o desenvolvemento de tesis de doutoramento e publicacións en xornais científicos internacionais, así como coa participación en diferentes congresos sobre lingüística, estudos culturais e literarios.
Grazas á rede de lectorados e os numerosos investigadores espallados polo mundo, a lingua e a cultura galegas están presentes en un número importante de congresos e universidades internacionais. Por exemplo, no 2014, o galego foi incluido na listaxe de linguas do mundo da Modern Language Association (MLA), o que supuxo un impulso dos estudos galegos en Estados Unidos. Outra institución de referencia é a Asociación Internacional de Estudos Galegos (AIEG), creada en 1985 e que celebra un congreso cada tres anos en distintas universidades do mundo (Bos Aires, Cork, Madrid, etc.).

Oferta actual (SS 2019)

Publicacións

  • de Oliveira, Sandi, Nieves Hernández Flores und Vanesa Rodríguez Tembrás (Galicien-Zentrum) (2019): “‘To prescribe or not to prescribe’ is not the only question: Physician attitudes towards antibiotics and prescription practices in Spain”. En: Jensen C., Nielsen S., Fynbo L. (ed.) Risking Antimicrobial Resistance. Palgrave Macmillan, Cham, 79-93.
  • Hernández Flores, Nieves und Vanesa Rodríguez Tembrás (Galicien-Zentrum) (2018): “‘Lo que se debe hacer es cambiar un poco el estilo de vida’: Estrategias de atenuación en el consejo médico”. In Albelda Marco, Marta (Ed.), Estrategias atenuantes en géneros discursivos del español: interfaz semántico-pragmática, Spanish in Context, 15:2, 328-347.

 

 

· · ·

2 Estudar En Galicia2.0 4

 

· · ·

Letzte Änderung: 12.03.2019
zum Seitenanfang/up