Contacto

Vanesa Rodríguez Tembrás
Asistente de investigación e docencia
(Wissenschaftliche Mitarbeiterin)

vanesa.rodriguez@uni-heidelberg.de
+49 (0)6221 54-7249

E-Mail: ceg@uni-heidelberg.de

Fb IconO CEG no Facebook

Insta IconO CEG no Instragram

 

O Centro de Estudos Galegos (CEG) da Universidade de Heidelberg é un dos 38 centros pertencentes a diversas universidades de 16 países en tres continentes. Forma parte da Rede de Centros Galegos, coordinada e financiada pola Xunta de Galicia.

 
cursos actuais
Heidelberg Center for Ibero-American Studies

O CEG da Universidade de Heidelberg, cuxo obxectivo primordial é expandir o coñecemento sobre a lingua e a cultura galegas, traballa no marco do centro interdisciplinario Heidelberg Center for Ibero-American Studies HCIAS.

HCIAS Logo Transparent

 

CEG | Investigación

Investigación no eido da lingua e cultura galegas
Proxecto de investigación: "Pragmática e sociolingüística do galego"
Publicacións

Investigación no eido da lingua e cultura galegas

O Centro de Estudos Galegos da Universität Heidelberg ten como outro obxectivo a investigación no eido dos estudos galegos dentro das estruturas académicas alemás. Por iso, este centro proponse a promoción da actividade investigadora no alumnado, en concreto nos traballos finais do Bachelor e o Máster. Do mesmo xeito, fomenta o desenvolvemento de teses de doutoramento e publicacións en xornais científicos internacionais, así como coa participación en diferentes congresos sobre lingüística, estudos culturais e literarios.

A lingua e a cultura galegas están cada vez más representadas nos congresos internacionais. A Asociación Internacional de Estudios Galegos (AIEG) ocupa un lugar privilexiado nesta divulgación. Foi fundada en 1985 e conta cun congreso que se celebra cada tres años en diferentes universidades de todo o mundo (Bos Aires, Cork, Madrid, etc.). Ademais, a inclusión do galego na listaxe de linguas da Asociación de Linguas Modernas (MLA) en 2014 deu lugar a unha maior promoción dos estudos sobre o galego nos Estados Unidos.

 

Proxecto de investigación: "Pragmática e sociolingüística do galego"

Director: Prof. Dr. Óscar Loureda

Un enfoque particular da investigación do CEG son os traballos no eido da sociolingüística e a pragmática do galego. O proxecto actual céntrase na análisis do discurso en contextos comunicativos específicos, así como no estudo dos fenómenos pragmáticos ou sociolingüísticos que xorden do contacto entre linguas.

 

Membros do proxecto:

Vanesa Rodríguez Tembrás (Doutoranda)
A súa tese de doutoramento en proceso, titulada "O cambio de código nas consultas médicas bilingües (galego-castelán)”, trata sobre a alternancia de linguas nas consultas de medicina de familia bilingües en Galicia. A análise desta estratexia pragmática lévase a cabo co estudo dun corpus con 586 consultas gravadas en audio e entrevistas sociolingüísticas desde unha achega metodolóxica sociolingüística (contexto social e situacional) e sociopragmática (identificación das funcións a actividade de imaxe).

Kathrin Theißen (Traballo Fin de Mestrado, 2020: Dobre Mestrado en Tradución Especializada e Mediación Cultural, Universidade de Heidelberg e Universidade de Salamanca)
Este Traballo Fin de Mestrado trata sobre o paradigma dos conectores consecutivos do galego. O obxectivo de investigación é, a través da análise dun corpus, a comprobación de como se empregan os marcadores do discurso na linguaxe de uso cotián real. Sobre esta base, descríbense as propiedades, incluidos factores como o grao de gramaticalización. A tese de mestrado levouse a cabo en cooperación co Grupo de Investigación de Partículas do Discurso e Cognición (DPKog) da Universidad de Heidelberg.

 

Proxecto en cooperación:

Proxecto en cooperación con Prof. Dr. Johannes Kabatek (Universität Zürich) e Prof. Dr. Marta Albelda Marco (Universitat de València).

 

Publicacións

  • de Oliveira, Sandi, Nieves Hernández Flores e Vanesa Rodríguez Tembrás (2019): "‘To prescribe or not to prescribe’ is not the only question: Physician attitudes towards antibiotics and prescription practices in Spain". En: Jensen C., Nielsen S., Fynbo L. (ed.) Risking Antimicrobial Resistance. Palgrave Macmillan, Cham, 79-93.
  • Hernández Flores, Nieves e Vanesa Rodríguez Tembrás (2018): "‘Lo que se debe hacer es cambiar un poco el estilo de vida’: Estrategias de atenuación en el consejo médico". En Albelda Marco, Marta (Ed.), Estrategias atenuantes en géneros discursivos del español: interfaz semántico-pragmática, Spanish in Context, 15:2, 328-347.
Seitenbearbeiter: E-Mail
Letzte Änderung: 14.12.2022
zum Seitenanfang/up