Recursos e mediateca
O Centro de Estudos Galegos conta cunha colección de recursos audiovisuais e bibliográficos que se pon ao dispor de todo o alumnado e persoal investigador na Universität Heidelberg. A creación e o estado actual da nosa mediateca foi posible grazas ás xenerosas achegas de distintas persoas e institucións: Consello da Cultura Galega, Asociación de Escritores en Lingua Galega, Editorial Galaxia, Fran Alonso, Editorial Xerais, Turgalicia, a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
A mediateca do CEG atópase no despacho 113 do Romanisches Seminar (Seminarstr. 3, 69117 Heidelberg). Os nosos fondos actualízanse con regularidade e admitimos peticións por parte do alumnado e investigadores de novas incorporacións relacionadas cos estudos galegos.
Ximnasio dos verbos
|
O ‘Ximnasio dos verbos’ é unha aplicación de móbil desenvolvida no Centro de Estudos Galegos da Universidade de Heidelberg. O obxectivo da app é adestrar os verbos con alternancia vocálica e os verbos irregulares en galego. O ‘Ximnasio dos verbos’ pódese empregar sen necesidade dunha conexión a Internet, agás para consultar a definición dos verbos. |
Para calquera consulta ou dúbida, contacte co CEG.
Máis información no Facebook do Centro.